Abril é un mes que nos gusta. A primaveira esperta a vida, a despensa cambia, aparecen cousas que levabamos meses agardando.
Os primeiros espárragos brancos xa están aquí. Frescos, de Navarra — porque os mellores espárragos brancos son de Navarra. Cando son así de bos non precisan moito: simplemente estar ben tratados, algo sinxelo, para degustar.

O Sábalo… cada vez que aparece no Miño é case unha festa. É un peixe que moita xente non coñece, que os maiores lembran con nostalxia. Hiperlocal, de tempada curtísima, e con ese sabor que só teñen os peixes que viviron en liberdade nun río como o noso.

E a Xarda en escabeche. Técnica de toda a vida, peixe atlántico, sen artificios. Hai cousas que non hai que mellorar.

