Xullo na Taberna

Xa en estamos en Xullo: Calor e traballo por todos os sitios. A taberna, a horta, a viña, as Galiñas de Mos, …. todo á vez, todo que requiere atención, non, non hai tempo para aburrirse.

O mar, a terra, as festas, a xente. Galicia é festeira de por si, pero en xullo e agosto é festa deseguido, e aquí no Lagar a festa poñedela vos. Nos tentamos que todo este en orden para disfrutedes cando veñades.

Da parte do mar, estamos en plena costeira do Bonito do Norte. É un peixe que cando chega, chega, e hai que aproveitalo. Moitos xa sabedes como o aproveitamos nos: a nosa Rusa … co noso Bonito en escabeche; unhas Hamburguesiñas de Bonito que gustan moito; o Tataki, e a Ventresca a prancha. O Bonito é veran, é tempada. E de tempada tamén o tomate. Os que usamos veñen do Alcouve da Moura, unha cooperativa de agricultura ecolóxica, e son desa clase de tomates que non precisan de nada máis. Por iso a ensalada que facemos con eles é «Ensalada de Tomate Tomate». Case que só tomate, un bo aceite, sal e pouca cousa máis, non o precisa.

Da nosa horta, en xullo estamos a mirar. Os boniatos, o millo negro, a faba galaica, a cabaza — todo plantado, todo crecendo, todo para máis adiante, se o tempo o permite e todo sae ben. Uns allos porros e unhas remolachas. E as patacas: que en breve as levantaremos. O dito, no campo nunca se sabe como vai ser a colleita, pero si se sabe que o traballo non vai faltar.

Na viña, xullo é o envero, o momento en que a uva empeza a cambiar de cor e a decidir o que vai ser. Este ano Maio foi arriscado — temperatura sostida alta con humidade, que é canela en rama para o mildiu e o oídio. Xuño xa se sabe está o San Xoán, que din que non é amigo das uvas. E logo sen baixar a garda pero xa se respira algo mellor, toca estar atentos, que como se soe dicir ainda lle quedan noites de durmir fora. A viña dá traballo, pero tamén recompensas, crucemos os dedos!

En fin, que xullo manda, e manda traballo, pero sempre dispostos a atendervos. Vide, reservade antes, que son meses un pouco mais complicados, nos temos todo en marcha!